Bodegas Martin Codax
Martín Códax foi fundada en 1986 por iniciativa dun grupo de viticultores. Establecida en Cambados, capital do "Val do Salnés", a adega eríxese como punto de referencia dentro da denominación de orixe "Rías Baixas".
A empresa aplica unha operativa eficaz que lle permite liderar e xerar unha constante expansión no ámbito internacional, anticipándose rápidamente ás tendencias e esixencias que impoñen os mercados actuais.
O abastecemento de uvas de albariño procede dos nosos propios viñedos, o que ofrece a maior garantía da súa calidade e pureza.
O rigoroso control na produción combina as técnicas vitivinícolas máis vangardistas (análise do chan, exame fitosanitario da vide, evolución das distinas etapas de desenvolvemento da uva...) co saber facer máis tradicional relativo ao cultivo das viñas e á fase de recolección.